Due to holiday rush, please allow up to 8 business days for book production. Using 2nd Day Air is recommended to insure timely delivery.
Rita
Joined
May-26-2012
Gender

Hometown

Age

Interest(s)
About Me
Nada máis sair da escola meus pais puxéronme a traballar. Comecei o oficio de canteiro na empresa do meu pai xunto co meu irmán e dous obreiros que tiña.



Facíamos cimentacións, muros e casas, pero como o meu pai tiña ramas artísticas, fixo un cruceiro que logo puxo enriba do portal cando fixo os 25 anos de casado. De ahí foi cando comezamos a facer figuras de todo tipo, e de seguido fomos a expoñer os nosos traballos a varias feiras de mostras.



Logo o señor Alcalde de Vilanova de Arousa, Sito Vázquez, interesouse polo meu pai e levouno para encargado do concello. O meu irmán e máis eu comezamos a nosa andadura sós como autónomos. Ós 17 meses viñéronnos buscar para dar clases de cantería porque non había quen ensinara. Tanto fixeron, que nos decidimos e eu fun para Catoira e o meu irmán foi para Vilagarcía. Era o ano 1990.



Despois de percorrer varios dos concellos da comarca dando clases como expertos docentes, non aceptan a nosa teoría. Pois a nosa teoría era a que nos ensinara o noso pai, e dixéronnos que esa teoría non era a axeitada, que tiña que estar documentada nalgún libro para poder facerlles as preguntas ós alumnos. Logo foi cando saiu un libro da Escuela Taller de León. Aínda que a cantería en sí, é igual á nosa, os nomes veñen escritos en castelán, e cando o alumno remate a escola e busque traballo nunha empresa atópanse cun problema. “OS NOMES NON SON IGUAIS”.



Isto foi o que me fixo comenzar a pensar como evitar estes erros nas empresas. Pero cando de verdade me decidín a escribir o libro foi cando nunha entrevista en Vigo me dixeron que cachotería era igual que mampostería. Iste erro que o teña un alumno ten un pase, pero unha persoa que me esta examinando non se pode permitir.



Se vivimos na zona onde a pedra e o elemento principal na construcción, non podemos deixar que as nosas raices se perdan.
Social Network Settings
Favorite Choices

Visit Personal Bookstore: Personal Bookstore